Vimianzo pon o toque doce no Fórum Gastronómic de Barcelona

Concello de Vimianzo

  • A bica e as Pedras do Castelo atópanse nun dos postos da Deputación da Coruña

O lado máis doce de Vimianzo está presente esta semana na Cidade Condal ao participar no Fórum Gastronómic de Barcelona. A bica e as Pedras do Castelo, dous pratos típicos da capital de Soneira, poderán ser degustadas polos visitantes que se acheguen ata o posto da Deputación da Coruña, onde está representada a gastronomía de cinco xeodestinos da provincia.