Vimianzo | Posta a punto da área recreativa de Grixoa

1 minutes read
  • A actividade forma parte dun obradoiro no que participan veciños de Muxía, Camariñas e Vimianzo

O alumnado do obradoiro “Construíndo futuro”, no que colaboran os concellos de Vimianzo, Muxía e Camariñas, atópase realizando as tarefas para a posta a punto da área recreativa de Grixoa, no municipio soneirán.

A formación, versada nos ámbitos forestal e de xardinaría, mellorará a ocupabilidade de 20 persoas dos tres municipios.  O programa, que rematará o 28 de xullo de 2022 e que se leva a cabo a cargo dunha subvención por valor de 346.946 euros da Consellería de Emprego e Igualdade, inclúe dúas especialidades: ‘Conservación e mellora de montes’ e ‘Pavimentos e albanelería de urbanización’.

Desde o goberno local salientan o «compromiso e actitude das alumnas e alumnos o longo de todo o programa», contribuíndo así á «preservación e posta en valor dos espazos públicos municipais».