- O acendido farase o xoves 5 de decembro na praza do Concello
As luces de Nadal son un auténtico reclamo, tanto económico coma social, e o concello de Vimianzo sábeo, polo que daralle a benvida ó seu particular Nadal este xoves 5 de decembro ás 20:00 horas na praza do Concello.
Ademais, durante o acendido os asistentes poderán desfrutar dunha gran chocolatada organizada pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Fisterra e Soneira (AFAFeS) mentres reciben a uns visitantes moi especiais que chegarán desde o mundo Disney.
Máis información. Xa está aberto o prazo para participar no VIII Concurso Infantil de Postais de Nadal. Poderán presentarse todos os nenos de Educación Infantil e Educación Primaria.
Ata o 18 de decembro quen o desexe pode entregar a súa postal cuxo tema será «Vive o Nadal en Vimianzo 2019». O fallo darase a coñecer o día 22, e a entrega de premios realizarase ese mesmo día nun acto público na Casa da Cultura.
Preme aquí para ler as bases completas.