Vimianzo prepárase para o seu I Triangular

1 minutes read
  • Celebrarase este próximo domingo 25 de agosto e a entrada será gratuíta

O concello de Vimianzo segue a ser un dos municipios da Costa da Morte onde máis se fomenta o deporte, e este domingo 25 de agosto celebrarán o I Triangular Concello de Vimianzo.

O evento, que terá lugar ás 18 horas e está organizado polo propio concello, servirá para realizar a presentación dos tres clubes de fútbol locais: Soneira, Baíñas e Castrelo.

No primeiro partido enfrontaranse o Baíñas e o Castrelo. Posteriormente entrará en liza o Soneira que se medirá ao equipo que perda no primeiro partido e, finalmente, disputarase o último encontro co enfrontamento entre o Soneira e o equipo gañador do primeiro partido.

Cada un dos encontros terá unha duración de 45 minutos e a entrada será totalmente gratuíta.