Vimianzo presenta a programación da Semana da Biblioteca 2022

1 minutes read

O Concello de Vimianzo presenta a programación  da Semana da Biblioteca 2022 para conmemorar o Día das Bibliotecas  que se celebra o  día 24 de outubro.

A rapazada dos Centros Educativos de Vimianzo son os destinatarios desta programación de  animación á lectura  financiada por Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

O Mago Paco preséntará o mércores 19 de outubro unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nenos e nenas a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos.

O Mago Teto o xoves 20, coa conferencia-espectáculo “ 4500 anos da incrible historia da  maxia” pretende espertar na rapazada o interese pola arte da maxia e achegalos/as á historia de tan apaixonante e sorprendente mundo.

O venres 21 con “Hocus Pocus”, que fai de cada xogo un momento diferente, nos que a rapazada é a protagonista creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aloucado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas.