Vimianzo presenta en tempo e forma as alegacións para que a Xunta reconsidere a problemática do corredor

1 minutes read

O Concello de Vimianzo presentou en tempo e forma as alegacións para que a Xunta de Galicia reconsidere a problemática que afecta ao municipio vimiancés, en relación co corredor da Costa da Morte, e que cuxo proxecto non ten en conta un enlace para o polígono industrial do municipio.

A administración local redactou un informe cos puntos que recollen «a titularidade autonómica da estrada, e polo tanto é competencia da mesma».

Desde o Concello de Vimianzo xa se ten solicitado unha reunión coa Consellería de Infraestruturas, para tratar de encauzar así unha problemática «de interese xeral, e que afecta a moitas persoas que non só traballan e son de Vimianzo, tamén acuden doutros puntos da Costa da Morte», apunta a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

No ámbito concreto do Polígono Industrial, existen numerosos exemplos de execución e financiación autonómica sobre vías da súa titularidade, como o correspondente á conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas.