Vimianzo presenta o seu programa de andainas «Recunchos, outono 2020»

1 minutes read
  • Comezará o vindeiro 17 de outubro co roteiro Vieiro Fidalgo, un percorrido de 9 quilómetros

O Concello de Vimianzo presentou «Recunchos, outono 2020», o seu novo programa de andainas que comezará o vindeiro día 17 de outubro co roteiro Vieiro Fidalgo, un percorrido de 9 quilómetros que conecta os lugares de Berdoias e Boallo.

O obxectivo destas actividades é poñer en valor o patrimonio natural e arquitectónico repartido por todo o termo municipal. Catro dos cinco roteiros desenvolveranse por camiños e sendeiros recuperados recentemente polo goberno municipal, desempeñando tarefas de limpeza e adecuación dos mesmos, moitos inclusive a petición dos gandeiros locais.

As inscricións poderán formalizarse na páxina web do Concello de Vimianzo e haberá un máximo de 24 participantes por guía. Será obrigatorio o uso da máscara e os participantes deberán trasladarse ao punto de inicio da andaina polos seus propios medios, pois todas as rutas son circulares.