- Hoxe ás 12, nos propios Penedos, os concellos de Vimianzo e Laxe presentan unha ruta de sendeirismo que une os Penedos de Pasarela e Traba.
- O deseño da ruta e a súa sinalización forman parte dun proxecto impulsado e coordinado por ambos concellos.
Xunto aos Alcaldes de Laxe e Vimianzo, José Luís Pérez Añón e Mónica Rodríguez Ordoñez, está confirmada a asistencia de Belén do Campo Piñeiro, Directora Xeral de Patrimonio Natural. Tamén asistirán o Concelleiro de Obras de Laxe, Eulogio Constantino Castiñeira, a Concelleira de Turismo de Laxe, Raquel Lema Allo, o Concelleiro de Obras de Vimianzo, Miguel A. Pérez, a Concelleira de Cultura de Vimianzo, Rosa Blanco, a Concelleira de Benestar de Vimianzo, María José Pose, e os Técnicos de Deportes e Turismo dos respectivos concellos.
Coa creación e sinalización desta ruta de sendeirismo culmina a primera fase do Plan de actuacións na Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, diseñado polos concellos de Laxe e Vimianzo. Estase a traballar nas seguintes fases, relativas a obras e equipamentos, e medios de divulgación.