- A gala será na Casa da Cultura, ás 21:00 horas, e estará conducida polo xornalista Terio Carrera
A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá este mércores, ás 21:00 horas, a presentación do Circuíto Galego de Dúatlon Cros e do XIII Dúatlon de Reis. A gala estará presentada polo xornalista Terio Carrera e contará coa actuación de Irma Macías, vocalista do grupo Luar na Lubre.
Ao encontro asistirán a alcaldesa do municipio, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Mario Andújar; e representantes da Federación Galega de Tríatlon e Pentatlón Moderno así como do I Dúatlon de Manzaneda, do III Dúatlon das Letras de Baio, do VI Dúatlon Cros Lousame e do III Dúatlon Cros Cerdedo – Cotobade. Asistirán, ademais, os campións da pasada edición da proba de Reis de Vimianzo, Gabriel Castiñeira e Mar Delgado, e o campión do circuíto galego, Marcos Mayo.