40
- A alcaldesa destacou que se trata dunha «oportunidade máis de poder gozar do noso patrimonio»
A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu este venres a presentación dun programa para descubrir o Camiño de Santiago a través do deporte nun acto organizado polo Concello e o Club Triatlón Costa da Morte. Unha iniciativa que a rexedora, Mónica Rodríguez, cualifiou como unha «oportunidade máis de poder gozar do noso patrimonio».
Ao acto tamén acudiron a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; Alberto Cacharrón, aventureiro, historiador e escritor; e o presidente do Club Triatlón Costa da Morte, David Calzas.
Por outra banda, a partir do 8 de abril a Sala Antón Mouzo acollerá unha exposición composta por 25 confeccións fotográficas de Alberto Cacharrón sobre as súas viaxes polos Andes, o Sáhara ou os Alpes.