Vimianzo presentou a súa programación cultural de outono e inverno

4 minutes read

O Concello de Vimianzo, da man da concelleira de Cultura, Rosa Blanco; a concelleira de Benestar Social, María José Pose, e a técnica de Cultura, Nieves Lema, presentou a súa programación cultural de outono e inverno para pequenos e maiores.  

Por primeira vez, particípase no circuíto Escena Norte, e tamén se suma talento local, como Vicente Mohedano ou Soraya Lema.

As sesións para adultos serán os sábados ás 20:30 horas, namentres que o ‘Outono rebuldeiro’ terá lugar os domingos ás 18:30 horas. Para as primeiras, haberá un bono de 4 espectáculos a un prezo de 15 euros, no que non está incluído o mago Pedra Volta, que terá un custe de 10 euros e poderase mercar en www.woutick.es. O prezo dos espectáculos ‘Man morta’, ‘Missery’, ‘Testosterona’ e ‘Sen lingua’ será de 5 euros; 2,50 a entrada reducida.  Serán de balde ‘As bestas’, ‘O bar de Chirivito’ e o documental ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’. O prezo reducido aplicarase a maiores de 65 anos e estudantes, sempre e cando se acredite tal condición. A venda anticipada será en woutick.es ou na billeteira da Casa da Cultura, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. O día da función, na propia taquilla desde unha hora antes do inicio do espectáculo. Non se poderá acceder á sala unha vez comezado o acto. No que respecta ó ‘Outono rebuldeiro’ a entrada será de balde, con reserva e ata completar aforo. Poderanse formalizar tanto en woutick.es como na billeteira da Casa da Cultura, de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas. A taquilla estará aberta desde unha hora antes do comezo dos espectáculos. Non se reservarán entradas para o 23 e 24 de outubro, xa que se trata dunha función para os centros educativos de Vimianzo.

A concelleira de Cultura, Rosa Blanco, quixo destacar o traballo “de todo o departamento de Cultura do Concello de Vimianzo, en especial Nieves Lema, por agraciarnos un ano máis cunha programación do máis completa e accesible posible. Tamén á Deputación da Coruña, á Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Camiño Escena Norte e á Rede de Bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia”.

Síntese das programacións:

Adulto

  • 7 de outubro: ‘Entrega en man’, de Contraproduccións.
  • 14 de outubro: ‘Misery’, de Saltantes Teatro.
  • 15 de outubro: ‘As bestas’, Ciclo Nacional de Cine.
  • 28 de outubro: ‘O bar de Chirivito’, de Éche o que hai teatro.
  • 4 novembro: ‘Testosterona’, de Malasombra.
  • 11 de novembro: ‘Ilusionante’, de Pedro Volta.
  • 18 de novembro: ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’, documental de Carlos Lorenzo.
  • 25 de novembro: ‘Sen lingua’, de Serea Produccións.

Outono rebuldeiro

  • 8 de outubro: ‘Extra!!’, de Paco Nogueiras.
  • 22 de outubro: ‘Cartoons’, de Excéntricas.
  • 23-24 de outubro: ‘Aitana e a avoa, e outros contos violetas’, de Soraya Lema.
  • 24 de outubro: ‘Maxia para todxs’, de O Mago Pedro Bugarín.
  • 31 de outubro: ‘O castelo do terror’, de A Banda do Verán.
  • 12 de novembro: ‘Conto-concerto’, de Xoán Curiel.

[1] Agás ‘As bestas’, que será ás 18:30 horas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?