Vimianzo ofrece un amplo programa de conciliación co Campamento Vimiverán 23

2 minutes read

O Concello de Vimianzo xa conta coa programación oficial para os campamentos Vimiverán 2023, un proxecto que persegue favorecer a conciliación familiar ao tempo que se poñen en marcha actividades para o desenvolvemento educativo, psicomotor, cognitivo, afectivo e social dos nenos e nenas dun xeito transversal e con perspectiva de xénero.

O campamento levarase a cabo de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas,  e ofrecerase a posibilidade de incorporarse ao servizo madrugadores, con entrada desde as 8:00 horas da mañá, naqueles casos en que sexa necesario para favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

As persoas interesadas deberán realizar as preinscricións de xeito telemático ou na Casa da Cultura dende o 25 de maio ata o 9 de xuño, en horario de 9:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Terán preferencia os nenos e nenas empadroados en Vimianzo.

O sorteo  de prazas terá lugar o día 13 de xuño, ás 12:00 horas, na sala conferencias da Casa da Cultura. Así, a formalización de matrícula e o pago de taxas estará habilitado do 14 ao 23 de xuño en horario de 8:00 a 14:30 horas.

O prezo estipulado é de 50 euros por quenda ou actividade. Haberá un desconto por familia numerosa de 5 euros que precisará xustificarse.

Tras a presentación do amplo programa, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, destacou “a ampla e completa programación, co gran obxectivo de favorecer a conciliación, para que todas as familias vimiancesas poidan organizarse da mellor durante o verán, á vez que a rapazada poida desfrutar deste programa lúdico-formativo. Ademais, este ano volvemos a apostar polo servizo madrugadores, que entendemos de gran importancia para moitas familias e considerámolo prioritario.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?