Vimianzo presentou o cartel oficial da VIII edición da súa Muiñada

1 minutes read

Vimianzo celebrará a VIII edición da súa Muiñada os vindeiros 21 e 22 de outubro. Este xoves presentábase o cartel oficial deste evento, no Muíño da Agra, por parte da alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; a concelleira de Promoción Económica, Beatriz Pazos; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; Manuel Rial, da AC Cherinkas, coorganizadores do evento; Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro, do grupo de música Alana; e Sonia Amigo, da AC Trubisquiña.

Xa están confirmadas as actuación de Xosé Lois Romero & Aliboria; Alana, nun dos seus concertos presentación en sociedade e que ademais presenta un vimiancés nas súas filas; Mondra e As Lagharteiras.

As entradas poden adquirirse en www.woutick.es e están dispoñibles tanto abonos como billetes individuais, para asistir a concertos por separado. Tamén é posible adquirir boletos con opcións gastronónicas como a cea ou os petiscos.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo agradecer “o intenso traballo da Asociación Cultural Cherinkas por facer posible durante 8 anos a Muiñada de Vimianzo, unha antropofesta moi nosa, e polo tanto, moi especial”. Tamén loou a implicación “da Deputación da Coruña, a través da área de Cultura, por implicarse na reivindicación dos muíños como lugares singulares da sociedade galega”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?