As obras de sendas peonís na estrada DP 1603 ao seu paso por Tufións, na parroquia de Cereixo en Vimianzo, suporán un investimento de 493.846,69 euros e contarán co financiamento da Deputación da Coruña. Executaranse no tramo que discorre entre os puntos quilométricos 2+850 e 3+480, onde se construirán sendas en ambas marxes da calzada, o que suporá unha importante mellora para a accesibilidade e seguridade dos habitantes deste núcleo, facilitando os seus desprazamentos sen necesidade de ocupar a calzada. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, lembrou que o proxecto responde á demanda realizada no seu día pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, co obxecto de mellorar a seguridade nunha zona que conta con numerosas vivendas e parcelas de uso agrario e que actualmente carece de beirarrúas ou espazos seguros para o paso peonil.
18