Éxito total na primeira andaina do programa ‘Recunchos’, un compendio de actividades que nace para promocionar e poñer en valor o patrimonio natural e arqueolóxico do concello de Vimianzo.
Nesta primeira andaina, para a que se cubriron o total de prazas dispoñibles, permitiu ás persoas participantes coñecer máis de preto os penedos de Pasarela e Traba. Un conxunto de formacións rochosas únicas en Galicia.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, realizou a actividade coa veciñanza e quixo destacar «a relevancia de promocionar e poñer en valor os nosos espazos naturais, algúns non tan coñecidos, pero que de seguro non deixarán indiferentes ás persoas que acudan a visitalos», incidindo na importancia «da súa preservación a través da concienciación cidadá que iniciativas como o pograma ‘Recunchos’ promove».
Vimianzo | Primeira andaina do programa ‘Recunchos’
Cedida.