Vimianzo recada 1.585 euros na Gala Solidaria a favor do pobo ucraíno

1 minutes read
  • O evento celebrouse o pasado 1 de abril no Auditorio

A Gala Solidaria a favor do pobo ucraíno que se levou a cabo en Vimianzo o pasado 1 de abril deixou un bote 1.585 euros tras vender máis de 150 tíckets.

A veciñanza puido adquirir as súas entradas no propio Auditorio, a un prezo de 5 euros, e tamén a través de Woutick co mesmo custo ou coa opción de ‘Fila 0’, unha opción para doar que estivo activa ata este martes, 12 de abril. A cantidade recadada destinarase á Coordinadora Española de Organizacións para o Desenvolvemento.

No evento déronse cita a Escola Municipal de Música Tradicional e Moderna, o Coro Municipal, Irma Macías e Xaquín Rama, Jaime Lema, Suso Andrea, o dúo José e Pepe, as bandas de gaitas da AC Trubisquiña e O Revoltixo de Carantoña, a charanga Pasarela Big Band, os Bastardos de Rivera e Teima.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo agradecer o «compromiso de parte do noso tecido cultural, neste caso do ámbito musical» para con esta causa, demostrando con esta gala que Vimianzo é un pobo solidario.