- Celebrouse este venres no salón de plenos do Concello de Vimianzo
Este venres o salón de plenos da Casa do Concello de Vimianzo acolleu a recepción institucional ao deportista Gabriel Castiñeira Pais, proclamado campión galego de Duatlón Cros no III Duatlón das Letras de Baio (Zas) celebrado o pasado 17 de maio, onde tamén foi parte da consecución do campionato galego de Clubs por parte do Club Triatlón Costa da Morte.
Estiveron presentes a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Mario Andújar; a concelleira de Benestar Social, María José Pose e membros do propio Club Triatlón Costa da Morte.