Vimianzo recibe da empresa EDP un lote de ordenadores portátiles para destinar ao servizo de préstamo

Ordenadores Vimianzo_Cedida

  • Súmanse aos equipos dos que xa dispoñía o Concello e que xa estaba repartindo ás familias que máis o necesitan

O Concello de Vimianzo continúa na loita contra a fenda dixital logo de recibir outro lote de ordenadores portátiles por parte da empresa de eólicos EDP, e que se destinarán ao servizo de préstamo.

Únense estes aos equipos dos que xa dispoñía o consistorio vimiancés e que xa se repartiron nos núcleos familiares que non podían acceder nin á compra dun destes aparellos nin á conexión de rede.

Servizos Sociais estudou caso por caso para dar prioridade ás familias en maior risco de vulnerabilidade, e así sobre todo achegar este material aos nenos e nenas, para que non perderan o ritmo lectivo de cara á continuación das clases de xeito telemático.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, agradece “un novo xesto vido desde o empresariado que opera no noso territorio» e asegura que «estamos vendo mostras de solidariedade enormes e con estas axudas incrementaremos a cobertura social no noso municipio”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha