- Actuará na Casa da Cultura a partir das 18:30 horas, interpretando pezas de Handel ou Tchaikovsky
A Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia visitará este domingo o Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo onde interpretará pezas de Handel ou Tchaikovsky, entre outros. As entradas pódense adquirir adquirir pola Internet ou no portelo do Auditorio unha hora antes do concerto, que se iniciará ás 18:30 horas.
No seu segundo concerto da tempada, os rapaces que integran a formación plantexan un proxecto de repertorio programático co que o alumnado puido profundizar en aspectos técnicos iniciados a comezos do curso. Divididos en dous seccións, a través do Grupo Pizzicato, dirixido por Enrique Iglesias, e o Grupo Arcos, baixo a batuta de Jorge Montes, executarán String ensemble book, de S. Nelson; Selección de piezas fáciles de G.F. Handel; Let it go, que forma parte da banda sonora da longametraxe de animación Frozen; Concerto grosso, Op. 6 Nº4 de Handel; Elegía para cuerdas de Tchaikovsky e a Suite de Piratas del Caribe para pechar, de Hans Zimmer.