Vimianzo recupera as excursións para maiores cunha viaxe a Sanxenxo

1 minutes read
  • Os maiores de 60 poderán desfrutar dunha estancia de 4 días, con pensión completa, no balneario Hotel Carlos I

O Concello de Vimianzo recupera as excursións de maiores cunha viaxe ao balneario Hotel Carlos I de Sanxenxo. A estadía será de catro días, do 23 ao 26 de maio. Poderán inscribirse aquelas persoas de máis de 60 anos aínda que tamén se elaborará unha listaxe de agarda para maiores de 55.

O programa inclúe almorzo en ruta o día de saída, estancia de 3 noites no hotel en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea), acceso ao balneario todos os días da viaxe, baile despois das ceas, paseo en barco, seguro de viaxe, degustación da exquisita gastronomía da zona e andainas pola localidade.

As inscricións poderán formalizarse do 2 ao 13 de maio na área de Benestar Social do Concello. Máis información chamando ao 981 70 74 26.