31
- Desde o luns e ata este xoves, un grupo desfruta de varias actividades no Hotel Carlos I en réxime de pensión completa
O Concello de Vimianzo recuperou esta semana as excursións de maiores cunha viaxe ao balneario Hotel Carlos I de Sanxenxo, onde un grupo se atopa ata este xoves en réxime de pensión completa. Con eles está a concelleira de Benestar Social, María José Pose, e na tarde deste mércores tamén recibiron a visita da alcaldesa, Mónica Rodríguez.
O programa inclúe almorzo en ruta o día de saída, estancia de 3 noites no hotel, acceso ao balneario todos os días da viaxe, baile despois das ceas, paseo en barco, seguro de viaxe, degustación da exquisita gastronomía da zona e andainas pola localidade.