52
- Estes elementos, que están catalogados como Ben de Interese Cultural, serán colocados na súa ubicación orixinal
O Concello de Vimianzo continúa co seu plan de recuperación patrimonial coa restauración dos cruceiros de Casas Novas e Tufións. “Os cruceiros son un dos elementos de patrimonio cultural que definen Galicia”, destaca Tito Concheiro, responsable destes traballos xunto con Candela Alvarellos, de Terra Arqueos.
Ambos están catalogados como Ben de Interese Cultural e datan de hai máis de 100 anos. Previamente á reconstrución, acudirase ao laboratorio para precisar analiticamente que traballos teñen que ser realizados.
Está previsto que os cruceiros se coloquen na súa ubicación orixinal debido a que “non están deseñados para as vías de comunicación modernas, nin para o tráfico pesado que hai hoxe en día”, destacaba Concheiro.