Vimianzo | Recuperan dúas cruces en Ogas que antigamente dividían as parroquias

Imagen de una de las cruces recuperadas por el Ayuntamiento de Vimianzo_Cedida

  • Forman parte dun proxecto municipal para a recuperación do patrimonio

O Concello de Vimianzo continúa coa recuperación de elementos patrimoniais con varias cruces que dividían as parroquias antigamente. Foron os traballos de limpeza e roza os que deixaron ver ambos elementos situados en Ogas.

Un deles atópase en mal estado, coa base rota, polo que deberá ser reparado para devolvelo ao seu estado orixinal. Co segundo, que non se atopa no seu estado orixinal, procederase a efectuar labores de asentamento.

As cruces eran os elementos que antigamente se levantaban para cristianizar os lugares, así como para separar parroquias ou deslindar territorios. “Atopámonos estes dous elementos de sorpresa executando traballos de mantemento, e continuaremos pois poñendo en valor o noso patrimonio”, di a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha