Vimianzo remata a instalación dos novos indicadores en puntos do Patrimonio local

O Concello de Vimianzo rematou a instalación dos novos indicadores nos puntos clave do seu Patrimonio. Este mércores quedou finalizada esta intervención, onde figuran os datos actualizados dos principais enclaves, así como os seus respectivos códigos QR, para que as persoas usuarias poidan consultar con maior detalle no enderezo web correspondente. Son un total de sete.

O Pazo de Trasariz, o Castelo de Vimianzo, o Muíño da Agra, o Paseo Fluvial e outros lugares senlleiros de Vimianzo vense así favorecidos por esta medida, que vén a substituír os antigos elementos, en estado de completo deterioro.

A concelleira de Patrimonio, Rosa Blanco, sinala a “relevancia” desta actuación porque “non supón só unha mellora estética; é unha carta de presentación aos nosos lugares máis significativos, que agora conta con información actualizada e posibilidade de acceso á rede para ampliar a mesma”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha