Vimianzo contará con 200 novos sinais de seguridade e información

Concello de Vimianzo

  • Estes traballos, moi demandados pola veciñanza, serán executados polo persoal municipal

O Concello de Vimianzo renovará máis de 200 sinais de todo o termo municipal, comezando pola parroquia de Berdoias. O Goberno local asegura que estes traballos foron «moi demandados pola veciñanza» e serán executados polo persoal municipal nas vindeiras semanas. Haberá dous tipos de sinais: os de seguridade viaria e os indicativos e informativos.

Nunca se realizara unha renovación tan completa pero necesaria xa que resulta «incomprensible que moitos dos espazos singulares de Vimianzo non conten coa debida sinalización», afirma a alcaldesa, Mónica Rodríguez.