Vimianzo reparte máis de 30.000 euros entre 128 axudas escolares

1 minutes read
  • Están destinadas ao alumnado empadroado no concello que curse o segundo ciclo de Educación Infantil e Primaria, ESO, Bacharelato ou FP (ciclo medio e superior)

O Concello de Vimianzo concedeu 128 axudas para o curso escolar 2021-2022 destinadas ao alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos (Grao medio e superior) empadroado no concello que curse en centros públicos e que pertenza a familias desfavorecidas economicamente.

O goberno local destinou a este fin un total de 32.495 euros co obxectivo de «facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación» e compensando a aquelas familias que, polas súas condicións económicas, teñen «máis dificultades para afrontar os gastos derivados do inicio do curso escolar». Estas axudas son compatibles coas concedidas por calquera outra administración pública ou privada.

A concelleira de Benestar Social, María José Pose, sinalou «a importancia deste tipo de axudas para a veciñanza» logo de superar a etapa «máis crúa da pandemia».