Vimianzo repartiu mascarillas en máis de 3.000 fogares

1 minutes read

O equipo estivo formado por 24 persoas entre as que se encontran os concelleiros do grupo de goberno, Policía Local, Protección Civil, traballadores municipais e voluntarios, que foron porta a porta para entregar o material.
Fíxose entrega tamén deste material nos negocios, nos centros sanitarios, ás persoas que integran os equipos de seguridade e ás traballadoras do SAF.
Cubríronse na práctica totalidade as parroquias do Concello e o núcleo urbano do municipio.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinalou a “total vontade do meu equipo para efectuar un traballo indispensable. Repartimos en máis de 3.000 fogares de Vimianzo mascarillas en dous días e fixémolo nós directamente, porta a porta, para asegurarnos de que lle chegaban a todo o mundo. Quero dar as grazas ao meu equipo de goberno, á Policía Local, Protección Civil, traballadores municipais, voluntarios, Servizos Sociais e como non, á veciñanza, porque amosamos unión nun momento tan difícil. Estamos xuntas e xuntos na loita contra o coronavirus, e sin dúbida imos vencer”, apuntaba a rexedora.
Dende o Concello avisan que, si percibes a falta de material nalgunha vivenda ou establecemento, podes poñerte en contacto con eles nos seguintes teléfonos:
Casa do Concello: 981 71 60 01
Servizos Sociais: 604 03 45 57