Vimianzo responde ás inquedanzas das familias sobre a escolarización en Carnés

1 minutes read

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, mantivo unha xuntanza coas familias da rapazada escolarizada ata este curso académico na Escola Infantil de Carnés, para responder a todas as súas inquedanzas e trasladarlles a situación que administrativamente se está a vivir nestes momentos co centro. 

Tanto por parte do Concello de Vimianzo como da Xunta de Galicia, administración competente en materia educativa, existe vontade de manter aberta a Escola Unitaria de Carnés. Mesmo este luns o xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, Indalecio Cabana, e a rexedora local, mantiveron unha conversa a este respecto. 

Con todo, é condición indispensable que se manteña a ratio de, como mínimo, seis (6) nen@s por docente para que este servizo, que o Concello de Vimianzo considera esencial e como parte fundamental do rural, se manteña activo. 

O prazo de matrícula remata o vindeiro 8 de setembro. Polo momento existen catro posibles nenos e nenas que formalizarían a matrícula, a falta doutr@s dous escolares para completar os parámetros que se esixen desde Educación.