Vimianzo | Ruta nocturna polos Petróglifos de Somontemio e do Prado da Cruz


O Concello de Vimianzo viviu na noite deste sábado unha xornada do máis especial e cautivadora coa ruta nocturna polos Petróglifos de Somontemio, Prado da Cruz e na que tamén se puido contemplar a Cruz do Loureiro.

Unha andaina circular de 4,4 quilómetros de lonxitude con saída ás 21:30 horas da praza do Concello na que se esgotaron as inscricións moito antes do límite para facelas efectivas.

Contouse coa inestimable colaboración de David Roget e de distintos membros do colectivo A Rula, quenes colaboran na organización desta actividade. As persoas participantes, a petición do Concello,  armáronse con lanterna e calzado axeitado para camiñar polo monte.

Tivo unha duración de tres horas aproximadamente e tratouse dunha andaina incluída na Ruta dos Segredos do Val de Vimianzo.