Vimianzo saca a licitación as obras de mellora do núcleo de Reparada, na parroquia de Salto

O Concello de Vimianzo saca a licitación as obras de mellora do núcleo de Reparada, incluído no POS 2025. Esta actuación conta cun orzamento de algo máis de 210 mil euros e cun prazo de execución de seis meses. Contempla traballos de repavimentación, canalización de augas pluviais e obras de saneamento, co obxectivo de mellorar a seguridade, a drenaxe e o estado xeral das vías municipais no núcleo de Reparada. O prazo para presentar ofertas estará aberto ata o próximo 26 de febreiro de 2026 ás 23:59 horas. Toda a información e os pregos están dispoñibles na Plataforma de Contratación do Sector Público.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar