Vimianzo | Toma de posesión do edil Manuel Lorenzo Hermida en substitución de Manuel Antelo

Concello de Vimianzo_Google Maps

  • No pleno aprobouse por unanimidade unha moción sobre o mantemento de Abanca en Baíñas

O Concello de Vimianzo celebrou este venres un pleno onde tomou posesión o novo edil Manuel Lorenzo Hermida, que completa así o número de compoñentes da corporación que representa a Adiante Vimianzo tras a renuncia do seu líder, Manuel Antelo.

A mesma agrupación presentou unha moción sobre o mantemento do servizo da oficina sucursal de Abanca na localidade de Baíñas, un punto que se aprobou por unanimidade.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, deulle a benvida ao novo edil da corporación e desexoulle «toda a sorte posible para que nos axude con propostas en positivo».