Vimianzo | Touriñán presentará este venres o monólogo do filme ‘Aquí tou!’

0 minutes read
  • A sesión comezará ás 21:00 horas e o acceso será gratuíto

A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá este venres o monólogo homónimo do filme Aquí tou!, dirixido por Jairo Iglesias e Xosé A. Touriñán. Será este último quen realice a actuación facendo un percorrido pola súa vida, desde o seu nacemento ata un posible epitafio. «Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos e todas nos sentimos identificados e identificadas», destacan desde o Concello.

A sesión comezará ás 21:00 horas e o acceso será completamente de balde, podendo recoller a entrada unha hora antes.