Vimianzo | Tras provocar un accidente, cospe e tenta agredir a un Garda Civil

Coche accidentedo_Garda Civil.

O Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Corcubión investigou a un condutor, como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria e un delito de atentado contra os axentes da Autoridade. Os feitos sucederon ao ter coñecemento os efectivos da mencionada Unidade da colisión dun vehículo contra un poste de cemento, tras unha saída de vía, nunha estrada local da localidade de Bamiro no termo municipal de Vimianzo.

A Garda Civil desprazouse ata o punto indicado ao obxecto de auxiliar aos ocupantes do turismo e a regulación do tráfico na zona. Unha vez no lugar, os gardas civís comprobaron que o condutor e único ocupante do vehículo non sufría feridas, pero presentaba síntomas evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

A Garda Civil cominou a este condutor para efectuar as pertinentes probas de alcoholemia, negándose esta persoa á realización das mesmas e á súa identificación. Os axentes requiriron varias veces ao condutor para a realización das probas, sendo a resposta desta persoa negativa en todas as ocasións, proferindo insultos contra eles, cuspindo a un dos efectivos baixo a ameaza de que se atopaba infectado por Covid -19 e tratando de agredilo.

A Garda Civil procedeu á investigación do condutor, como suposto autor de dous delitos contra a seguridade viaria, un por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas e o outro pola negativa para someterse ás probas de alcoholemia estando implicado nun accidente e un delito de atentado contra os axentes da Autoridade no exercicio das súas funcións.