Vimianzo únese á celebración do Día das Letras Galegas a distancia

Cartel Letras Galegas_Lingua.gal

  • Caxoto Contacontos estará en directo para a rapazada vimiancesa, que poderá gozar desta actividade a través de Internet

O Concello de Vimianzo prepara a conmemoración do Día das Letras Galegas a distancia, debido ao contexto sanitario xerado pola covid-19. Tanto é así, que a rapazada vimiancesa poderá gozar de Caxoto Contacontos o vindeiro domingo, 17 de maio, a través de Internet, e ás 12:00 horas.

Este contador de contos será o encargado, de xeito virtual, de facer unha función de contos para a programación ‘Actívate Vimianzo’ e que o vindeiro domingo servirá para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Ademais, xa está dispoñible o servizo de biblioteca, mediante o cal os usuarios poderán concertar cita previa no 881 98 47 90 para acceder ao servizo de préstamo. Como medida de seguridade, os fondos devoltos e manipulados serán postos en corentena durante 14 días, e nas zonas de acceso disporase de dispensadores de xel hidroalcólico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha