Vimianzo | Unha muller gravemente ferida tas quedar atrapada por un brazo nun muíño de millo

Foto_Bombeiros de Cee.

Unha octoxenaria veciña da parroquia vimiancesa de Cambeda resultou ferida de gravidade este sábado no lugar de Sanfíns ao quedar atrapada por un brazo nun muíño que usaban para moer o millo. Unha vez dada avoz de alarma ao 112 Emerxencias Galicia, ao lugar acudiron os Bombeiros de Cee, quenes liberaron á vítima, que foi trasladada ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e posteriormente derivada ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac) debido á gravidade das feridas que presentaba. Ao lugar tamén acudiron a Garda Civil e a Policía Local de Vimianzo, así como unha ambulancia do 061.