36
Unha proba que repetiu percorrido das derradeiras edicións. Con saída na praza do Concello e tras un pequeno itinerario polo núcleo urbano, as persoas participantes dirixíronse cara a rúa Vilar e a Avenida Fisterra en dirección Camariñas. Contou con case 100 persoas inscritas. Casais, As Pasantes, Ogas e Cambeda foron algúns dos puntos do percorrido, para posteriormente continuar por Rasamonde, Tedín e Trasouteiro. En total, 11 quilómetros en pouco máis de hora e media na que pequenos e maiores puideron gozar dunha estupenda xornada.