Vimindie é un proxecto creativo e social que nace no rural da Costa da Morte para promover a arte e a cultura alternativa e impulsar o talento local emerxent
Esta iniciativa converteu a Casa da Cultura de Vimianzo nun espazo para compartir, descubrir e deixar voar a imaxinación. Un festival que tamén saíu á rúa, implicando o comercio local e enchendo de arte os seus escaparates coa participación do alumnado do CEIP San Vicenzo e o IES Terra de Soneira.
Desde o Concello de Vimianzo quixeron agradecer á organización do Vimindie, á Asociación Cultural Airexa, a Raquel Gerpe e Leo Poncia , ás artistas participantes, ás persoas creadoras, ás entidades colaboradoras e a todas as persoas que se achegaron e fixeron posible esta primeira edición.
Do mesmo xeito, agradeceron tamén ao comercio local, aos centros educativos e a todas as persoas que abriron as súas portas e se sumaron a esta proposta.
A cultura independente tamén latexa no rural, e en Vimianzo quixeron seguir dándolle espazo, voz e futuro. Pensando xa na próxima edición, o teu negocio ou comercio local pode ser un espazo expositivo, un local para actuacións ou unha sala de proxeccións. Se es creativo/a, tes un proxecto artístico ou autoeditado que mostrar e compartir este é o teu sitio. Infórmate e únete á rede de colaboradores.
