Vimianzo xa dispón dos terreos necesarios para crear novos servizos públicos en Carantoña

Cedida.

O Concello de Vimianzo adquiriu un 70% dos terreos dispoñibles en Carantoña tras 3 anos de xestión coa idea de crear unha praza pública e aparcamentos. Trátase dunha demanda veciñal histórica.

Suporá isto un antes e un despois no desenvolvemento da vida cotiá das persoas desta parroquia, pero non só iso. Será tamén un cambio importante á hora de desenvolverse as festas patronais, xa que a idea tamén é crear un Campo da Festa, con aparcamentos, para albergar este tipo de acontecementos, nun lugar que é o centro neurálxico de Carantoña, entre o núcleo e a igrexa.

Unha vez adquiridos os terreos, o Concello tivo que levar a cabo moitos trámites administrativos, xa que había errores catastrais, polo que antes de redactarse o proxecto da praza, terán que quedar resoltas todas estas cuestións. “Houbo que facer unha nova consignación orzamentaria, preto dos 40.000 euros, dado que a que tiña prevista o goberno anterior era tan só da metade do valor total”, matizou a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha