Vimianzo xa forma parte da campaña ‘DE FRONTE á violencia de xénero’

1 minutes read
  • Na programación haberá contacontos e tamén un concurso nas redes sociais

O Concello de Vimianzo adheriuse á campaña ‘DE FRONTE á violencia de xénero’, impulsada pola Deputación Provincial da Coruña, con motivo do Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller o próximo 25 de novembro.

Dentro da programación hai organizadas varias actividades como un concurso nas redes sociais, palestras ou contacontos; actividades coas que se apela directamente á implicación dos concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo e empresarial ou familiar.

Esta campaña enmárcase dentro do Plan de acción das políticas de igualdade de xénero da provincia da Coruña (2019-2023) da Deputación, desde onde se traballa na creación dunha rede colaborativa entre as administracións locais que defenden a igualdade e loitan pola erradicación da violencia de xénero.