Vimianzo | Xunta e Concello buscan un encontro «distante» para a conexión do polígono coa autovía

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, na que lle trasladou a aposta da Xunta pola suma de esforzos e a convidou a traballar conxuntamente en beneficio da competitividade do municipio.

Con este fin, a conselleira propuxo a sinatura dun convenio de colaboración polo que a Xunta se comprometería a reforzar a súa contribución ao desenvolvemento da conexión do polígono de Vimianzo coa vía de altas prestacións, pese a ser o seu desenvolvemento unha responsabilidade exclusiva do Estado, como titular do ámbito empresarial, segundo a Xunta.

Mónica Rodríguez agradeceu “á conselleira por recirme e escoitar as miñas propostas, pero non tanto as escasas solucións que se nos plantexan para executar un problema de índole autonómica”. Desde o concello de Vimianzo aseguran que existen numerosos exemplos de execución e financiación autonómica sobre vías da súa titularidade, como o correspondente á conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, polo que a rexedora pide o mesmo trato.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha