49
Exitosa limpeza a levada a cabo este sábado na Praia de Area Maior de Malpica por una vintena de voluntarios. Promoveron esta iniciativa limpOcean e a Concellaría de Obras Públicas e Medio Ambiente, que dirixe Miguel Ángel Fernández Mirás, o cal tamén participou na limpeza. Recolléronse 180 kilos de lixo, sobre todo plásticos. Dende o Concello de Malpica seguiranse levando a cabo todo tipo de iniciativas como estas que coiden do medio ambiente.