39
A detención do rapeiro Pablo Hasél este martes levantou unha serie de protestas en varias cidades catalás como Barcelona e Xirona. Á noitiña, a tensión foi aumentando entre os manifestantes e as forzas da orde, con insultos, barricadas e cargas por parte da unidade de antidisturbios dos Mossos d’Esquadra. Os manifestantes esixen a liberación do rapeiro condenado a nove meses de prisión por enaltecemento do terrorismo e inxurias á Coroa atopadas nunha ducia de tuits do artista. Consideran que a condena é desproporcionada, postura compartida por Amnistía Internacional. O Goberno di que estudará a aplicación destes delitos que agora se atopan no medio do debate sobre os límites da liberdade de expresión en España.