Visa, Mastercard e American Express suspenden as súas operacións en Rusia

1 minutes read

As compañías estadounidenses de tarxetas e medios de pago Visa, Mastercard e American Express decidiron suspender todas as súas operacións en Rusia tras a invasión de Ucraína e a derivada incerteza económica que supuxeron no país as sancións económicas impostas por multitude de países en todo o mundo. Unha decisión que aplaudiu o presidente de Estados Unidos, Joe Biden. Ambas as compañías anunciárono en senllos comunicados explicando que as súas tarxetas xa non funcionarán para facer compras procedentes de fóra do país, e que as tarxetas emitidas por bancos rusos destas dúas compañías deixarán de operar nos comercios e caixeiros rusos. O Banco estadounidense JPMorgan Chase asegurou o venres que calcula que a economía rusa contraerase un 7 % en 2022 pola guerra en Ucraína, o dobre do anticipado hai uns días, como consecuencia das sancións impostas por Occidente contra Moscova e polo éxodo de empresas internacionais do país.