Visita da unidade móbil de doazón de sangue a Corcubión

Autobús para doar sangue_Xunta de Galicia

  • Será o vindeiro martes, día 25, en horario de tarde

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visitará a vila de Corcubión o próximo martes, 25 de xaneiro. Situada na Praza Castelao, estará operativa en horario de tarde de 16:30 a 21:00 horas.

Será preciso pedir cita previa chamando ao 900 100 828.