Visita do alcalde e da directora xeral de FP ao alumnado de Soldadura e Cociña do Fórum Carballo

1 minutes read

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañou este martes á directora xeral de FP, Eugenia Pérez, nunha visita ao alumnado do IES Monte Neme que está a cursar o grao básico de Cociña e Restauración con formación académica e práctica nas instalacións municipais do Fórum Carballo, grazas a un acordo entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e o concello carballés.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP puxo en valor a importancia da colaboración institucional neste eido como é o caso do Concello de Carballo, que permite atender unha demanda da asociación de empresarios para a formación de profesionais en cociña e restauración.

Non en balde, ao abeiro desta cooperación, ademais da FP básica de Cociña e Restauración da familia de Hostalaría e turismo, tamén empregan estas dependencias municipais os alumnos do ciclo de grao medio Soldadura e Caldeiraría, da familia de Fabricación Mecánica. En total, unha trintena de mozos e mozas que poden atopar a través desta formación a súa saída laboral.