Visita do Carteiro Real a varios colexios de Malpica

Cedida

  • A visita desta personaxe está enmarcada na programación de Nadal municipal

Algúns somos de Reis Magos e outros de Papá Noel, pero no que coincidimos sempre é na ilusión por recibir un pequeno regalo e tamén unhas palabras dalgunha das nosas personaxes máis queridas. Isto sábeno ben no Concello de Malpica, cuxa programación de Nadal conta coa visita do Carteiro Real que, este luns, se achegou a varios centros de ensinanza da localidade para falar cos máis cativos e, por suposto, recoller as súas cartas.

O alumnado que entregou os seus desexos en papel foi o do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, da Galiña Azul de Cerqueda, das Escola Unitarias de Mens e Barizo e tamén do CEIP Milladoiro.