Visita fugaz de Feijóo a Coristanco

Alberto Núñez Feijóo visitou na tarde deste venres preto de media ducia de empresas de Coristanco acompañado do presidente provincial do PP Diego Calvo e do candidato local a alcaldía Juán García. Feijóo interesouse especialmente por uns comercios de maquinaria agrícola, xardiñería, neumáticos e mesmo un ultramarinos. Acto seguido, no edificio de servizos múltiples estivo cos pequerrechos da ludoteca, que se atopa xusto fronte ao salón de actos onde se ofreceu unha charla oratoria ante preto de cen persoas en respaldo a candidatura de Juán García.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha