O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Muxía, Iago Toba, e os concelleiros, Olalla Benlloch e Javier Romar, visitaron a confraría de pescadores “Virxe da Barca”, onde representantes do sector pesqueiro e marisqueiro agradeceron o apoio que ofrece a Deputación coas súas axudas, que este ano contan cun orzamento de medio millón de euros para os pósitos coruñeses.
Toba quixo destacar que en Muxía “as confrarías non fan só unha labor económica, senón tamén social”, e resaltou que a lonxa xa constitúe un edificio simbólico para a cultura mariñeira.
Pola súa banda, González Formoso amosou o compromiso da Deputación cun sector tan importante para a provincia, como é o marisqueiro e pesqueiro. Na visita institucional os dirixentes tamén se reuniron coas palilleiras da Nosa Señora da Barca.