Visita institucional á escola de verán Eduardo Pondal de Ponteceso


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou a escola de verán Eduardo Pondal en Ponteceso, onde puido coñecer de primeira man a actividade desenvolta por unha iniciativa referente a nivel galego no fomento da cultura no rural. Nela, nenas e nenos de municipios como Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Laxe e Malpica, desfrutan de obradoiros, contacontos e xornadas en familia.

A secretaria xeral estivo acompañada polo alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido. Alí destacouse o enfoque prioritario que o Goberno galego dá a dous eidos, o do medio rural e a conciliación, que son á súa vez dúas áreas de traballo de especial relevancia no camiño á igualdade, xa que favorecen o equilibrio entre traballo, os coidados e tempo libre e no que a Xunta inviste este ano ata 1,4 millóns de euros na convocatoria de axudas para promover a conciliación e a loita contra a violencia de xénero no ámbito local.