Os Reis Magos conversaron con varios estudantes do municipio
As Súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, acompañadas polo Carteiro Real, visitaron este martes o concello de Cabana para poder conversar co alumnado de infantil, primaria e secundarias dos centros do municipio e recoller así as súas cartas cos desexos para estas datas.
Por outra banda, os estudantes tamén puideron desfrutar da representación do belén vivente que escenificou a Escola Municipal de Teatro nas instalacións do auditorio de Cabana, ademais de dar unha volta polo municipio no Tren Musical do Nadal.